sábado, 26 de junio de 2021

E nos últimos días de curso...

Ola familias, compártovos imaxes dalgunhas experiencias das semanas finais de curso...

Xa que este foi un ano de lavar moito as mans, e aproveitando que na horta temos plantada lavanda, animámonos a facer xabróns con ese aroma. Fixémolos para nós e para agasallar a todos os compañeiros e mestras a xeito de despedida desta etapa. Entregámosllos o derradeiro día!

No proceso de elaboración, unhas raiamos a glicerina e outros axudamos. De remate botamos aroma de lavanda e coorante (azul e vermello).


Encantounos lavarnos as mans con esas fresas aromáticas nos últimos días de curso, e preparar os paquetiños para levar a casa e agasallar a todos.

O peche de curso resultou moi emocionante e divertido. O único que botamos en falla foi non poder xuntarnos toda a escola ao igual ca outros anos.


As actividades consistiron en visitar catro estacións. Íamos pasando por quendas: pintura con pincel, pompas con distintos aparellos, atrapar cunchas na area (pan raiado) e investigar o que flota ou se afunde. A nós tocounos ir unha vez que os máis pequenos da escola remataron a sua actividade. Canto disfrutamos!
 
Que teñades un bonito voo bolboretas... 


Non vos olvidedes de visitarnos!
 

martes, 20 de abril de 2021

Coidamos a nosa horta!

 Ola familias!

Coa chegada da primavera estamos a traballar moito na nosa horta e a verdade é que os nenos e nenas están encantados de participar: quitando herbas, plantando, regando, pintando paus para facer un espantallo...

Tamén pintaron as súas macetas e plantaron flores para decorar o patio e o encargado ou encargada do día régaas con moito esmero, sen esquecerse de regar tamén os amorodos por suposto.

Tamén fixemos actividades de primavera, entre elas, buscar as letras que forman a palabra primavera escondidas entre flores na mesa de luz.

Deixovos por aquí unhas fotos, para que, ainda que non podades gozar tanto como eles, poidades velo!

Un saúdo familias e grazas por colaborar!


















¡Hola familias! Con la llegada de la primavera estamos trabajando mucho en nuestra huerta y la verdad es que los niños y niñas están encantados de participar: quitando hierbas, plantando, regando, pintando palos para hacer un espantapájaros... También pintaron sus macetas y plantaron flores para decorar el patio y el encargado o encargada del día las riega con mucho esmero, sin olvidarse de regar también las fresas por supuesto. También hicimos actividades de primavera, entre ellas, buscar las letras que forman la palabra primavera escondidas entre flores en la mesa de luz.
Os dejo por aquí unas fotos, para que, aunque no podáis disfrutar tanto como ellos ¡podáis verlo! Un saludo familias y gracias por colaborar!

martes, 9 de marzo de 2021

Festa do Entroido!

 Ola familias!

Este ano tivemos que facer a festa do Entroido un pouquiño máis tarde pero non por iso foi menos divertida, pasámolo xenial!

Desfilamos disfrazados, comemos rosquillas, posamos no photocall e xogamos moitísimo.

Grazas pola vosa colaboración, un saúdo!























¡Hola familias! Este año tuvimos que hacer la fiesta de Carnaval un poquito más tarde, pero no por eso fue menos divertida, ¡lo pasamos genial! Desfilamos disfrazados, comimos rosquillas, posamos en el photocall y jugamos muchísimo. Gracias por vuestra colaboración.

¡Un saludo!

viernes, 12 de febrero de 2021

Voltamos o xoves 18!

 Ola familias!

Lembrarvos que seguindo a Orde de calendario escolar para o presente curso non son días lectivos os vindeiros 15,16 e 17 de febreiro.

Tamén que festexaremos o xoves 18 e o venres 19 o Entroido:

  • xoves 18 os nenos e nenas poderán vir con todos os mandados do Meco.
  • venres 19 poderán vir disfrazados libremente da casa e faremos unha pequena festa.
Un saúdo, vémonos o xoves!



Hola familias! Recordaros que siguiendo la Orden de calendario escolar para el presente curso no son días lectivos los próximos 15,16 y 17 de febrero.
También que celebraremos el jueves 18 y el viernes 19 el Carnaval:
  • El jueves 18 los niños y niñas podrán venir con todos los mandados del Meco.
  • El viernes 19 podrán venir disfrazados libremente de la casa y haremos una pequeña fiesta. ¡Un saludo, nos vemos el jueves!

jueves, 11 de febrero de 2021

Mandados do Meco do xoves e venres!

 Ola familias!

Para rematar cos mandados do Meco déixovos o de hoxe e o de mañá:






Tamén vos recordo os avisos da última publicación:

- Por unha banda recordade que a vindeira semana non son días lectivos o 15,16 e 17 polas vacacións do Entroido.

- Por outra banda, xa que non puidemos festexar xuntos estes días tan especiais, dicirvos que o festexaremos a volta dos días non lectivos.
  • xoves 18 os nenos e nenas poderán vir con todos os mandados do Meco.
  • venres 19 poderán vir disfrazados libremente da casa e faremos unha pequena festa.
Un saúdo familias!


¡Hola familias!
Para terminar con los mandados del Meco os dejo el de hoy y el de mañana:

"El jueves para terminar las zapatillas traerás"

"Y el viernes para celebrar, como tu quieras vendrás"

También os recuerdo los avisos de la última publicación:

- Por una parte recordar que la próxima semana no son días lectivos el 15,16 y 17 por las vacaciones de Carnaval. - Por otra parte, ya que no pudimos celebrar juntos estes días tan especiales, deciros que lo celebraremos a la vuelta de los días no lectivos.
  • El jueves 18 los niños y niñas podrán venir con todos los mandados del Meco.
  • El viernes 19 podrán venir disfrazados libremente de casa y haremos una pequeña fiesta.
¡Un saludo familias!

E nos últimos días de curso...

Ola familias, compártovos imaxes dalgunhas experiencias das semanas finais de curso... Xa que este foi un ano de lavar moito as mans, e apro...