sábado, 26 de junio de 2021

E nos últimos días de curso...

Ola familias, compártovos imaxes dalgunhas experiencias das semanas finais de curso...

Xa que este foi un ano de lavar moito as mans, e aproveitando que na horta temos plantada lavanda, animámonos a facer xabróns con ese aroma. Fixémolos para nós e para agasallar a todos os compañeiros e mestras a xeito de despedida desta etapa. Entregámosllos o derradeiro día!

No proceso de elaboración, unhas raiamos a glicerina e outros axudamos. De remate botamos aroma de lavanda e coorante (azul e vermello).


Encantounos lavarnos as mans con esas fresas aromáticas nos últimos días de curso, e preparar os paquetiños para levar a casa e agasallar a todos.

O peche de curso resultou moi emocionante e divertido. O único que botamos en falla foi non poder xuntarnos toda a escola ao igual ca outros anos.


As actividades consistiron en visitar catro estacións. Íamos pasando por quendas: pintura con pincel, pompas con distintos aparellos, atrapar cunchas na area (pan raiado) e investigar o que flota ou se afunde. A nós tocounos ir unha vez que os máis pequenos da escola remataron a sua actividade. Canto disfrutamos!
 
Que teñades un bonito voo bolboretas... 


Non vos olvidedes de visitarnos!
 

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por compartir esos momentos y ¡por todo! Que paséis un buen verano y esperamos poder haceros una visita el curso que viene. Un abrazo muy grande de parte de Valeria

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a vós por estos anos compartidos na educación da vosa filla. Agardamos vervos pronto Valeria! Biquiños

    ResponderEliminar

E nos últimos días de curso...

Ola familias, compártovos imaxes dalgunhas experiencias das semanas finais de curso... Xa que este foi un ano de lavar moito as mans, e apro...